CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA ANPA

Estimadas familias e comunidade educativa:

O vindeiro luns 28 de outubro, no noso Colexio Divino Mestre de Ourense, celebraremos Asemblea Xeral Ordinaria, na que se expoñerá o plan de actividades e orzamento para o curso 2019/2020, e na que tamén faremos balance das actividades que, como vos consta, promovemos desde a Asociación. Gustaríanos contar coa vosa presenza neste acto, que celebramos unha soa vez no transcurso do ano.

Esperando poder contar coa vosa asistencia, recibide un cordial saúdo.

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN DE NAIS, PAIS, TITORES E TITORAS DE ALUMNOS DIVINO MAESTRO

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da ASOCIACIÓN DE NAIS, PAIS, TITORES E TITORAS DE ALUMNOS DIVINO MESTRE, para o próximo 28 de outubro de 2019, ás 17:30 horas en primeira convocatoria, e 18:00 horas en segunda, ao obxecto de tratar a seguinte:

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria anterior e da acta da Asemblea Xeral Extraordinaria anterior.
2. Informe da memoria das actividades realizadas durante o curso escolar 2018/2019.
3. Aprobación, se procede, das contas correspondentes ao curso escolar 2018/2019.
4. Celebración de eleccións.
5. Rogos e preguntas.

A presidenta:
Dna. Natalia Pernas Nogueiras