O venres 24 de maio 2019, celebrando o aniversario do nacemento do noso fundador «Francisco Blanco Nájera» celebramos un ano máis o CROSS MISIONEIRO 2019.
Os Alumn@s do CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO de Ourense, dende infantil ata Formación Profesional, corren para recadar fondos baixo o lema «DALLE A MAN A VENEZUELA», lugar a onde van destinados os fondos desta campaña solidaria.
Esperamos concienciar e axudar aos colexios que alí temos.
Grazas a todas as familias, alumnos, profesores e colaboradores por facer esto posible