FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021
PROCEDEMENTO
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.Para acceder á aplicación pulse aquí: fondolibros
Para presentación presencial deberá entregar a documentación no Colexio (10:00-13:00h)
Recorden que deberán manter as normas de distanciamento e seguridade.
PRAZOS
Prazo de presentación de solicitudes: Do 20 de maio ao 19 de xuño (ambos incluídos).
Publicación da listaxe provisional: luns 6 de xuño.
Reclamacións: 7 e 8 de xuño.
Publicación da listaxe definitiva: mércores 15 de xuño.
As listaxes enviaranse de modo individualizado a través de Esemtia.
Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
-Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
– En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
DOCUMENTACIÓN | DESCARGA |
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto. | |
Nota informativa para as familias. | |
IMPRESO DE SOLICITUDE (anexo I e II) |
Para máis información na sede Electrónica da Xunta de Galicia: SEDE ELECTRÓNICA
- O prazo para presentar as solicitudes, preferiblemente por vía telemática, nos propios centros docentes ou nos rexistros oficiais-, rematará o 21 de xuño
- O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 90 e os 170 euros en función da renda
- No caso do alumnado matriculado en educación especial, mantense unha axuda de 250 euros independentemente da renda
- O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO poderá acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar
- Ademais, no caso de rendas inferiores aos 5.400 euros per cápita, o alumnado poderá recibir vales de 50 euros para adquisición de material escolar