ENTROIDO 2021

CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2021

ENTROIDO 2021

Organización ENTROIDO 2021

Este ano celebraremos O Entroido do seguinte xeito:

1. Durante toda a semana do 8 ao 12, realizaremos O MECO. Cada día os nen@s e profesores traerán unha peza de roupa a maiores da do día anterior, ata finalizar o venres con todas xuntas. Proponse do seguinte xeito:

➢ Luns 8: Se te queres divertir, o luns a túa cabeza terás que cubrir.
➢ Martes 9: O martes non metas a pata, e trae no pescozo, colar, paxariña ou gravata.
➢ Mércores 10: Co mércores xa van tres ,e a mañá toca roupa do revés.
➢ Xoves 11: O xoves cada seu calcetín, mira que non sexan iguais…Non vale repetir!
➢ Venres 12: O venres imos poñer todas as pezas á vez. E podes engadir unha peza a elixir.
Tentaremos pór un Meco na entrada cun cartel coas distintas ordes e vestido segundo manda.
Os carteis do Meco enviarémosllelos aos profesores para que proxecten un cada día.

2. O CONCURSO de disfraces – BASES DO CONCURSO

O Concurso consistirá en disfrazarse na casa, de xeito individual ou en familia (comparsa de conviventes).

1. Deberase enviar unha fotografía en posición horizontal a concevf@dimaourense.com (xeito de concursar)
2. Terase que pór un título á mesma (libre) e o nome do alumn@ que participa e o seu curso.
3. É obrigatorio que sexan disfraces con material de refugallo.

3. GAÑADORES – O Venres, día 12, proxectarase en cada clase un vídeo cos diversos disfraces do concurso e anunciaranse os GAÑADORES nas diversas categorías.