VÍDEOS DA FEIRA DAS CIENCIAS DO MÉRCORES, 27 de Xaneiro de 2021:
VÍDEOS DA FEIRA DAS CIENCIAS DO XOVES, 28 de Xaneiro de 2021:
VÍDEOS DA FEIRA DAS CIENCIAS DO VENRES, 29 de Xaneiro de 2021:
Queridas familias:
O colexio organizará a IX Feira das Ciencias na semana do 25-29 de xaneiro. O alumnado poderá participar a través de proxectos e traballos de divulgación científico-tecnolóxica, ou como novidade, cun monólogo relacionado coa ciencia.
Con tal motivo queremos pedirvos o voso apoio e animarvos a colaborar neste evento. Este ano a situación que estamos a vivir lévanos a facelo a través de vídeos (de desenvolvemento tecnolóxico, demostracións dun principio científico, construcións de mecanismos, proxectos de investigación, monólogos…).
BASES DO CONCURSO
• Duración máxima do vídeo 3 minutos.
• O vídeo será en horizontal
• As familias poderán axudar na realización do proxecto.
• O vídeo estará composto polas seguintes partes (presentación do alumno/a, nome, materiais e desenvolvemento do proxecto e conclusión).
• Data máxima de inscrición na IX Feira das Ciencias 15 de xaneiro de 2021.
• Data máxima de envío do vídeo 20 de xaneiro.
COMO PODO PARTICIPAR?
1. Entra no seguinte enlace: FORMULARIO IX FEIRA DAS CIENCIAS 2021 e cumprimenta o cuestionario antes da data sinalada.
2. Recibiras unha resposta informándote da aceptación ou non do teu proxecto (evitaremos proxectos repetidos).
3. Envío do vídeo ó seguinte correo feriadasciencias@dimaourense.com antes da data sinalada.